Skip to main content
Chantada

Santa María de Esmeriz, no concello de Chantada, en festas

Por 30 Xullo, 2022Agosto 2nd, 2022Sin comentarios

Grandes festas hoxe e maña na parroquia de Santa María de Esmeriz, no concello de Chantada na honra á Virxe do Carme.

Hoxe sábado 30 terá lugar unha gran pancetada e posterior verbena a cargo do trío Blanca Doble.

Maña domingo, os veciños poderán desfrutar dunha misa solemne coa habitual procesión e sesión vermú con Charanga Albor. Xa pola noite, a festa estará amenizada pola orquestra Solara.