Skip to main content
Axenda CaducadaFolgoso do Courel

Folgoso do Courel acollerá unha nova edición da Festa da Cultura e A Tradición

Por 14 Xullo, 2022Xullo 23rd, 2022Sin comentarios

O vindeiro sábado 23 de xullo o Concello de Folgoso do Courel acollerá unha nova edición da Festa da Cultura e A Tradición que comezará ás 12.30 horas coa Baixada de Carriladas que partirá do antigo colexio e cuxa meta estará na praza de Fondo de Vila.

Ás 14.00 horas poderase gozar cos postos de artesanía e coa exposición de xogos tradicións no souto da carroza no que ademais haberá música e comida a prezos populares.

Ás 16.00 horas iniciaranse os Campionatos de Xogos Tradicionais onde se poderá competir nas categorías de sacho, boina, chave, billarda, corte con tronzón, etc.
Ás 20.00 horas levará a cabo a entrega de trofeos e ás 20.30 horas a actuación do grupo Los Winter, seguido da cea popular con panceta e empanada. Máis tarde serça a gran verbena co dúo Explosión.