Skip to main content
Folgoso do Courel

Courel Quilómetros Verticais, desfruta de deporte e natureza o 20 e 21 de agosto

Por 14 Xullo, 2022Sin comentarios

Folgoso do Courel acolle os vindeiros 2o e 21 de agosto as xornadas Courel Quilómetros verticais co obxectivo de pasar dous días cheos de deporte ao aire libre nunha paisaxe única. Entre os  organizadores do evento atópanse Montouto, o club de montaña e o concello de Folgoso do Courel.

A andaina dará comezo o 20 de agosto ás 16.00 horas co Quilómetro vertical do Formigueiros, cunha lonxitude de 3,9 quilómetros e un desnivel positivo de 950 metros. Ese mesmo día pola noite, ás 21.30 horas, levarase a cabo o Quilómetro vertical nocturno do Coto que conta cunha lonxitude de 2 quilómetros e cun desnivel de 500 metros.

O derradeiro día, o 21 de agosto, a xornada comezará ás 10.00 horas co Quilómetro vertical do Penaboa, cunha lonxitude de 4,6 quilómetros e un desnivel de 960 metros.

Os quilómetros poderanse facer de xeito combinado, realizando os tres quilómetros verticais, ou competir soamente nun ou dous quilómetros verticais. Haberá tamén organizadas tres rutas de sendeirismo guiadas de dificultade alta.

Para máis información ou para calquera dúbida pódese consultar co concello no teléfono 982 433 001.