Skip to main content
Folgoso do Courel

O concello de Folgoso do Courel busca recuperar o Museo de Juan de Vilar

Por 27 Xullo, 2022Xullo 28th, 2022Sin comentarios

O Concello de Folgoso do Courel promove unha iniciativa para a recuperación do Museo de Juan de Vilar. Este museo etnográfico da aldea de Vilar, que preservaba a memoria dos habitantes de O Courel, foi arrasado e reducido a cenizas nos incendios.

Nesta sala de exposicións, construída con moito cariño por Xan do Vilar (un veciño namorado da súa aldea), había unha colección única con elementos que se usaban antigamente na zona.

Dende o concello de O Courel, convidan a quen queira sumarse a doar obxectos etnográficos. Iniciarán tamén a recuperación de fotos relacionadas con Vilar e con Xan.

Todas as persoas que queiran colaborar poden poñerse en contacto co concello a través do mail info@folgosodocourel.com ou no teléfono 606 118 944.

Os obxectos quedarán custodiados polo concello de Folgoso do Courel ata a inauguración do novo museo de Xan. Poderán depositarse tamén nas oficinas do concello na praza de Manuel Fraga.

O concello busca agradecer todo o traballo e esforzo que desinteresadamente Xan fixo polo Courel, e por iso buscan devolverlle a ilusión. “Non serán as súas pertenzas anteriores, pero será un novo punto de partida para a súa recuperación e posta en valor. ensinando o seu museo etnográfico. Amosarémoslle tamén o noso apoio e cariño”, afirman dende o concello.