Skip to main content
Monforte

Aberto o prazo de inscrición para participar como cabezudo e xigante nas festas patronais de Monforte

Por 24 Xullo, 2022Xullo 26th, 2022Sin comentarios

O Concello de  Monforte vén de abrirse o prazo para que as persoas que desexen participar como cabezudos e xigantes nas Festas Patronais este 2022 realicen a pertinente inscrición nas oficinas do rexistro municipal, situadas na Casa do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

O Concello dispón de 12 prazas para realizar esta actividade e asignarase por rigorosa orde de inscrición. O derradeiro día para anotarse será o xoves, 4 de agosto.

Se o número de inscricións supera ó número de prazas ofertadas, abrirase unha lista de reserva co fin de chamar a persoas desa lista pola orde na que figuren nela no caso de que se produza a imposibilidade de realizar o percorrido nas datas deste ou nalgunha delas por parte dalgunha das persoas con praza.

Os cabezudos percorrerán as rúas do centro da cidade o domingo 14 de agosto en horario matinal.

Esta actividade terá remuneración económica de 25€ e para poder participar nela, ademais de realizar a inscrición no rexistro, haberá que ser maior de idade ou, no caso de ser menor, contar coa preceptiva autorización dos pais ou titores.

Xunto coa solicitude a persoa solicitante deberá presentar copia do seu Documento Nacional de Identidade e no caso de ser menor ademais da autorización dos pais ou titores debe achegarse tamén a fotocopia do DNI da persoa que autorice a participación da persoa solicitante.

Este ano as festas patronais comezarán o 10 de agosto co pregón e ese memo día terá lugar unha actuación musical na praza de España. Os concertos serán do 11 ao día 16.