Skip to main content
Quiroga

Xogos e diversión no I Encontro Interxeracional de Quiroga

Xogos, contos e moita experiencia intercambiaron os nenos e nenas quirogueses cos usuarios do Centro de Día no I Encontro Interxeracional, que se desenvolveu este 30 de xuño no centro da Ribeira.

Os usuarios do Centro de Día levaban varios días facendo traballos e manualidades para poder interactuar cos nenos e nenas e amosarlles xogos da súa infancia.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e a concelleira de Servizos Sociais, Loli Sánchez, tamén participaron nesta xornada de unión dos nenos e os maiores a través do xogo e a diversión.