Skip to main content
Sober

Rematou con éxito o taller de fotografía na Casa Grande de Rosende de Sober

Por 12 Xullo, 2022Xullo 13th, 2022Sin comentarios

Rematou con éxito o taller de fotografía organizado por La Plantación na Casa Grande de Rosende, situada no Concello de Sober.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, foi o encargado de entregar a Bolsa Internacional Pintor de Castinandi ao mozo de Logroño Enrique Antonio Ojeda, que asistiu de maneira gratuíta ao obradoiro ‘Escuridade, luz e relato’, impartido polo prestixioso fotógrafo Paulo Nozolino.

No taller participaron 16 persoas de España, Portugal, Londres e Francia. Ademais das sesións de fotografía fixeron un percorrido por algúns dos principais recursos turísticos da zona.