Skip to main content
Taboada

O BNG denuncia o estado da pista de pádel de Taboada

Por 1 Xullo, 2022Xullo 11th, 2022Sin comentarios

A formación política asegura que nestes días podíase “comprobar a falta de mantemento que sofre esta instalación por parte do Concello, xa que no seu interior atópanse  os cadáveres e os esqueletos dos paxaros  nela accidentados”.

O BNG de Taboada denuncia que na pista de pádel de Taboada “a súa xestión e mantemento son claramente mellorables”.

Deste xeito, denuncian que “os paxaros que se accidenta contra as superficies transparentes da dita pista acaben podrecendo sobre o céspede artificial da mesma”. E explican que no seu interior puideron achar “restos de 6 paxaros” amaias “dunha aguia rateira no exterior”.

Por conseguinte, dende o BNG reclaman ao concello a toma de medidas “que eviten estes accidentes dos paxaros e que melloren a xestión da instalación”.

Para iso, suxiren que “débese establecer un protocolo da limpeza, mantemento e vixilancia que permita actuar con certa rapidez cando se producen as incidencias; garantindo a correcta funcionalidade da instalación para a práctica desta actividade deportiva”.

Por tanto, o BNG considera ” urxente que o concello dispoña algún tipo de rotulación nas superficies transparentes das paredes do cerramento da pista, para evitar que os paxaros se accidenten contra elas”. E neste senso, o BNG vén de presentar un escrito no Concello destinado ao alcalde de Taboada, demandando que se lle de pronta solución a dita problemática.