Skip to main content
Axenda SARRIAXAES-Destacadas Otros SARRIAXASarria

O Ribela Love&Nature aterra en Sarria do 20 ao 21 de agosto

Por 13 Xullo, 2022Xullo 18th, 2022Sin comentarios

Sarria acolle do 20 ao 21 de agosto un festival diferente onde poder desfrutar da natureza, a música e a maxia.

Cunha morea de concertos e numerosos artistas invitados entre os que se atopan Babykatze, Hidden Raposo ou Jor Ginho, Ribela Love&Nature chega a Sarria o vindeiro mes de agosto.

O prezo das entradas que se sitúa entre os 22 e os 33 euros dará acceso a todo o recinto de concertos e os asistentes poderán desfrutar de aparcadoiro gratuíto.

Todos os menores de idade deberán ir acompañados dun tutor legal e os que aínda non teñan cumprido os 12 anos, poderán entrar de balde.