Skip to main content
Axenda SARRIAXASarria

O mércores 20 a IV edición de ‘Danza en el Camino’ chega a Sarria

Por 16 Xullo, 2022Xullo 18th, 2022Sin comentarios

Arte, música, vangarda escénica, tradición e historia daranse cita na cuarta edición de ‘Danza en el Camino’, un festival itinerante que pasará por Sarria o mércores día 20.

Está organizado pola Consellería de Cultura e Turismo da ‘Junta de Castilla y León’ e no marco do XXI Certamen Internacional de Coreografía Burgos & Nueva York reunirá creacións inéditas diseñadas expresamente para aa ocasión. As tres compañías que compuxeron as súas obras, fixérono tomando como inspiración os singulares valores do Camiño de Santiago.

Como novidade este ano as provincias de Lugo e A Coruña e a cidade de Bilbao acollerán a representación de tres espectáculos que teñen en común a súa particular forma de vincular a danza contemporánea ás novas linguaxes coreográficas urbanas e á monumental arquitectura do Camiño de Santiago. As pezas seleccionadas son ‘Dystopian’, da formación italo española afincada en Alemania Frantics Dance Company; ‘Simposio’, dos italians Bellanda Company e ‘Estancia paisaje’, unha creación conxunta de Esther Latorre e Hugo Pereira, compoñentes de Cía. Colectivo Glovo, e os intérpretes Fran Martínez e Paula Quintas.

El programa de representaciones iniciará a súa xira por León o luns 18 ás 21.00 horas e proseguirá o mércores día 20 na Praza Da Vila de Sarria (21.30 horas), o xoves 21 na plaza da igrexa de Portomarín (21.00 horas) e o venres 22 (20.00 horas) no Monasterio San Martiño Pinario de Santiago de Compostela. As últimas citas terán lugar o sábado 23 (21.00 horas) na praza Puerta Obispo de León e o domingo 24 (12.30 horas) no atrio principal do Museo Guggenheim de Bilbao.

Obras a concurso: tres estreos absolutos

A primera das obras a concurso leva o selo da compañía italo española afincada en Friburgo (Alemaña) Frantics Dance Company. Interpretada por Marco di Nardo, Diego de la Rosa, Carlos Aller y Juan Tirado, ‘Dystopian’ invita a público a ‘vivir o momento presente’. Dende que en 2014 firmaran o seu primeiro traballo, titulado ‘Praesens’, Frantisc cosechou importantes galardóns no circuíto internacional de festivais. Así coma o segundo premio na XXXIV Edición do Concurso Internacional de Coreografía de Hannover (pola súa peza ‘Space’). Amosaron o seu traballo en Italia, Grecia, Alemaña, Francia, Macedonia ou Israel. Ademáis de realizar diversas colaboracións con destacadas compañías como a formación taiwanesa Les Petite Choses.

Outra das obras a concurso é ‘Simposio’, da compañía italiana Bellanda. Está interpretada polo seu coreógrafo, Giovanni Leonarduzzi, xunto á bailarina Claudia Latini. O espectáculo propón unha ollada sobre a sociedade actual e a dinámica das relacions sociais que xurden nela. ‘La dificultad de encontrar, mantener y cultivar una relación de pareja en una sociedad que empuja hacia un individualismo más fuerte y que conduce a una menor aceptación del compromiso de la pareja’.

E a tercera e derradeira obra a concurso é ‘Estancia paisaje’. Esther Latorre e Hugo Pereira, membros de Cía. Colectivo Glovo, e Fran Martínez e Paula Quintas defenden en escea esta composición coreográfica. A montaxe xira en torno á capacidade de ‘poñer o corpo para reencontrarse co propio corpo, reinventalo e reinterpretarlo’.

Estes tres traballos poderán optar a un total de 21.000 euros en galardóns e cada un dos tres coreógrafos seleccionados para a súa participación no certame, recibirá 3.000 euros. Ademáis, o gañador que designe o xurado popular —formado polos habitantes dos municipios que acolle a competición, peregrinos e público asistente ata completar 20 personas de tódalas idades— en cada unha das doce representacións recibirá 1.000 euros adicionais. Estas coreografías tamén terán a posibilidade de xirar nos convenios que o certame mantén coa ‘Junta de Castilla y León’. Será a través da Red de Teatros e materializados no espectáculo ‘Coreógrafos del XXI’.