Skip to main content
Sarria

A novela debut da escritora sarriá Pilar Macía acada novos éxitos

Pilar Macía vén de ser proclamada finalistas dos premios organizados pola editorial Caligrama.

Pilar Macía vén de situarse como finalista nos premios da editorial Caligrama. Todo grazas á publicación da súa novela Lobo. O galardón foi concedido dentro da categoría de Promesa na cal competiron 500 propostas. Asemade, o xurado tamén decidiu apostar pola súa novela, outorgándolle unha das mencións especiais.

Pilar Macía, a parte das labores de escritora, ten unha longa traxectoria como mestra. E en plena promoción desta súa primeira novela xa anuncia que está en proceso creativo de outra. Namentres, os lectores que se acheguen ao primeiro libro desta muller procedente de sarria  poderán gozar dunha obra de estilo policial, onde un sarxento intentará dar solución ao asasinatos de dos anciáns.

A entrega dos premios concedidos pola edirorial Caligrama aconteceu en Sevilla.