Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Noa López, do CB Sarria de baloncesto, entre as seleccionadas para xogar a U14 Feminina

Por 25 Xullo, 2022Xullo 27th, 2022Sin comentarios

Noa López, a integrante do CB Sarria de baloncesto, foi seleccionada para participar na U14 Feminina, unha convocatoria de preselección española que se celebrará en Íscar (Valladolid) do 7 ao 13 de agosto.

Neste campionato as 24 xogadoras, logo de moitas horas se entrenamento, separaranse en dous equipos (branco e vermello) que participarán nun triangular xunto a selección de Portugal.

Isto supón sen ningunha dúbida, un gran peche para esta exitosa tempada 21-22 que a nivel deportivo está a desfrutar o CB Sarria.