Skip to main content
O Incio

O Incio contará o vindeiro curso cunha nova Casa Niño en Eirexalba

Johanna López é a promotora da Casa Niño Cabianca, que este curso abrirá as súas portas no local social de Eirexalba (O Incio).

A moza elixiu o nome de Cabianca para o seu proxecto por ser o nome dunha das fincas de toda a vida da casa do seu avó, como un recordo que ten ela desde nena, escoitar “vamos a Cabianca apañar castañas”.

Johanna quere agradecer a boa acollida que tivo por parte dos veciños e veciñas e o ben que están respondendo á iniciativa.

Estas semanas faranse as obras de adaptación do espazo da Casa Niño para que estea lista de cara ao vindeiro curso.

En cada casa niño unha profesional atende a 5 pequenos de entre 0 e 3 anos, de luns a venres, para que as súas familias poidan conciliar a vida laboral e os pequenos estean coidados e xoguen coas actividades que os estimulen.

Para máis información sobre o servizo e as instalacións: 653 56 15 16.