Skip to main content
Láncara

Ronfe continúa coas súas festas na honra de San Pedro

Ronfe, en Láncara, conmemora como cada ano a súa festividade na honra de San Pedro. O día dous de xullo os veciños gozaron dunha churrascada popular acompañada de dúo musical e xa  o domingo, 3 de xullo, houbo unha misa solemne ás 13.30 do mediodía acompañada da sesión vermú coa Orquestra Miramar, a cal continuou amenizando tamén a verbena.

Este luns, día 4, os festexos proseguirán coa misa que será tamén ás 13.30 horas seguida da corresponde procesión, así como coa sesión vermú co Dúo Eclipse. Xa en horario de noite a música correrá a cargo da orquestra Finisterre.