Skip to main content
Láncara

Vive un verán diferente en Láncara

Por 22 Xullo, 2022Xullo 24th, 2022Sin comentarios

O Concello deste municipio da Ribeira Sacra levará a cabo a partir de maña día 23 numerosas iniciativas coas que pasalo ben e desfrutar este verán.

Entre as actuacións que compoñen o cartel neste mes de xullo está a de Duende Circo, o monólogo de Marta Doviro, a exposición fotográfica: O soño cubano da emigración galega, unha foliada, un recital de poesía ou un monólogo de humor que terá lugar o domingo 31 de xullo.

Xa no mes de agosto, dando comezo o día 05 terá lugar unha exposición de música e fotos da man de Xosé Suárez, unha FestiMalla organizada por Abril Folk, distintos xogos tradicionais, piragüismo polo río Neira, un concerto de Nerea Sound Sister o día 20, a representación dunha obra de teatro ou a busca dun tesouro que porá o broche final o sábado 27 de agosto.