Skip to main content
Láncara

O municipio de Láncara inaugura hoxe a casa museo da familia paterna de Raúl e Fidel Castro

Por 28 Xullo, 2022Xullo 30th, 2022Sin comentarios

Hoxe inaugúrase en Láncara a casa museo “Ángel Castro” e Centro de Interpretación da Emigración Galega, unhas instalacións que supuxeron a recuperación da casa natal d pai de Fidel Castro e que contaron co apoio do concello de Láncara, Deputación Provincial de Lugo e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) na provincia, así como coa colaboración dende Cuba do Instituto Cubano de Amizade cos Pobos (ICAP), a Oficina do Historiador da Ciudade da Habana e empresas coma o Grupo Urbas.

No acto de inauguración participou o embaixador extraordinario e plenipotenciario de Cuba en España, Marcelino Medina González, así coma diferentes descendentes de Ángel Castro Argiz.

Os actos de inauguración tanto da casa museo como da praza cívica de Láncara, coinciden coa conmemoración do trinta aniversario da visita de Fidel Castro á casa natal do seu pai.

PROGRAMA

11.00 horas- Recepción no Concello de Láncara co alcalde D. Darío A. Piñeiro López e demáis membros da corporación.

12.00 horas- Acto de inauguración da casa museo e da praza cívica de Láncara.

13.30 horas- Comida na carballeira de Láncara.