Skip to main content
Paradela

O Concello de Paradela celebra o seu bicentenario

Por 30 Xullo, 2022Xullo 31st, 2022Sin comentarios

Maña domingo 31 de xullo, Paradela vai vivir unha xornada musical dentro dos actos do Bicentenario do seu concello, na que se renderá homenaxe aos músicos históricos que formaron parte da banda de Paradela, que cumprirá 150 anos o próximo ano 2023.

Os actos comezarán no  cemiterio de San Miguel de Paradela, no que se vai facer unha Ofrenda floral aos músicos históricos, centrándoo na tumba de Cándido López López, emigrante en Suiza, protagonista do rexurdir da banda de Paradela.

Rezará un responso o Xesús Mato, fillo predilecto de Paradela, efectuará a ofrenda o alcalde, José Manuel Mato, e poñerá música ao acto a banda de Paradela, dirixida por Martín Vázquez.

Ás 12,00, dará comezo o encontro de bandas. A bde Paradela interpretará unha composición diante do monumento aos Cabaleiros de Santiago, para recibir á banda “Sons e Soños” de Rábade-Begonte-Outeiro-Friol, dirixida por Armando Morales. Coa banda de Paradela vai actuar Julio Varela Rodríguez, o músico en activo máis veterano de Paradela. Intérprete de platillos e bombo, Julio Varela, do Mesón do Loio, que ten 90 anos de idade.

Xa no lugar do concerto, actuará en primeiro lugar a banda de Paradela. A continuación, Manuel Meilán, saxo da banda municipal de Lugo, lembrará a Lino de la Torre, histórico director da banda de Paradela e co que traballou.

E seguidamente actuará a Banda Sons e Soños. Antes de rematar o acto, o alcalde de Paradela entregará aos directores das agrupacións participantes cadanseu agasallo do bicentenario, a Julio Varela unha lembranza desta homenaxe musical, e agradecerá a participación das dúas bandas neste acto.

Finalmente, as dúas bandas conxuntamente interpretarán o himno galego.