Skip to main content
Sarria

Suso Álvarez estrea o ciclo As Tardiñas de Santa Mariña

Suso Álvarez, cantautor procendete de Venezuela establecido na Vila de Sarria , será o encargado este 3 de xullo de iniciar o ciclo As Tardiñas de Santa Mariña. Un descanso no camiño. O evento comezará ás 19.00 da tarde. Álvarez é un músico polifacético cunha ampla traxectoria que na actualidade forma parte do grupo Louband.

Todo este conxunto de actuacións musicais acontecerá entre os meses de xullo e agosto de 2022. “Serán en Santa Mariña porque recibiremos aos peregrinos no mesmo Camiño”, explican desde o Concello. Deste modo, ensinarán a calidade artística dos  músicos de Sarria.