Skip to main content
Sarria

Novos concertos no ciclo As Tardiñas de Santa Mariña de Sarria

Por 7 Xullo, 2022Xullo 13th, 2022Sin comentarios

A praza de Juan María López, na igrexa de Santa Mariña, acolle unha nova edición das As Tardiñas de Santa Mariña, un descanso no Camiño.

A xornada do venres 8 de xullo ás 19:30 horas será a quenda do grupo Sarricanta e na do domingo 10 de xullo ás 19:30 horas Lorena do Val & Gonzalo Herrero deleitarán aos asitentes coas súas voces.

Todo este conxunto de actuacións musicais acontecerá entre os meses de xullo e agosto de 2022. “Serán en Santa Mariña porque recibiremos aos peregrinos no mesmo Camiño”, explican desde o Concello. Deste modo, ensinarán a calidade artística dos músicos de Sarria.