Skip to main content
Sarria

A Escola de Música de Sarria abre o prazo de matriculación

Por 7 Xullo, 2022Xullo 8th, 2022Sin comentarios

O Concello de Sarria publica as bases que rexerán o proceso de matriculación na Escola Municipal de Música para o curso 2022/2023.

As solicitudes das persoas interesadas presentaranse de forma presencial nas instalacións da Escola de Música de Sarria, sita na Rúa Pedro Saco en horario de 10:00 a 14:00 horas e en diferentes prazos.

Os alumnos da Escola con reserva de praza (matrícula de continuidade) poderán facelo ata o 8 de xullo, e os alumnos matriculados durante todo o curso anterior á presente convocatoria en música e movemento que solicitan instrumento por primeira vez (matrícula preferente) deberán facelo do 11 ao 15 de xullo, ambos inclusive. Será requisito imprescindible que o ano de nacemento do alumno sexa 2015 ou anterior.

Para os alumnos de novo ingreso (nova matrícula) a inscrición deberá facerse do 18 de ao 22 de xullo, ambos inclusive.

Pode descargarse toda a información e as follas de matriculación aquí.