Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

Unha ducia de bandas estarán no Sarria Blues no Camiño

Por 9 Xullo, 2022Agosto 7th, 2022Sin comentarios

Sarria acollerá este verán un novo festival de música afroamericana, terá lugar desde o día 4 de agosto ata o 7 e, está organizado pola asociación Teixo e o Concello de Sarria.

A música protagonista desta cita será do xénero blues, rhyth, and blus, rock&roll e soul. Ademais, durante estes días tamén se levarán a cabo exposicións, baile, actividades infantís, conferencias, actividades gastronómicas, cine, etc.

Esta iniciativa co nome Sarria&Blues no Camiño nace despois de que o pasado agosto se celebrara unha homenaxe ao artista sarriao Matías Moreno.

A Feculera será o lugar onde se celebre a actividade central, o concerto principal levando o nome de Matías Moreno Experience isto servirá como mostra de respecto e admiración a aqueles viaxeiros que xa non están. Ademais haberá actividades no campo da feira, a sociedade A Unión e a Praza de Juan María López, xunto á igrexa de Santa Mariña.

O festival arrincará o 4 de agosto coa inauguración, unha proxección do documental Lomax the songhunter, a actuación de Sebastopol e a presentación dunha exposición de arte do pintor Pepe Farrés, o escultor Francisco Poy e o fotógrafo Carles Pericás.

Ao día seguinte, o venres 5, poñerán a nota musical Malditos Roedores, Louband, Hernán Senra ‘Chino’ e The Lazy Jumpers. Xa o sábado 6 o programa incluirá unha mostra de arte urbana e a inauguración dun mural e unha batalla de galos de hip-hop. Tamén terá lugar a presentación do libro de Héctor Martínez e as actuacións de Sweet Marta&Johnny Big Stone, Néstor Pardo Trío e Vanessa Collier.

O domingo 7 haberá un contacontos para nenos a cargo de Eva Antequera e unha mostra de coches antigos do club Clásicos de Sarria. No tocante á música Wax&Boogie, Andrea&The Black Cats, Blas Picón e Óscar Rabadán, e Bike&Lonesome, pecharán este festival.