Skip to main content
Sarria

Roi Casal comezará a súa xira dos Concertos do Xacobeo en Sarria

Por 12 Xullo, 2022Xullo 13th, 2022Sin comentarios

O vindeiro sábado 16 de xullo, ás 22:30 na Praza da Vila, o compositor e cantante galego Roi Casal comezará a súa xira nos Concertos do Xacobeo.

Roi Casal foi integrante da mítica banda galega Milladoiro entre os anos 2000 e 2009; os seus traballos en solitario foron aclamados por crítica e publico e foron número 1 en vendas; a súa música utilizouse como banda sonora para producións cinematográficas e de TV en distintos países; é un virtuoso coa arpa céltica e a zanfona, instrumentos milenarios do noso país.

Sen duda será unha noite para lembrar na que todos os sarriaos e os asistentes a este evento desfrutarán ao máximo.