Skip to main content
Sarria

O Concello de Sarria achega a figura de Matías López aos seus habitantes

Por 17 Xullo, 2022Xullo 19th, 2022Sin comentarios

 

O vindeiro xoves, 21 de xullo inaugurarase unha exposición no Malecón que achegará ao público á figura de Matías López, gran sarriao, recoñecido a nivel nacional e internacional. Un empresario, deputado y senador vitalicio e filántropo galego do século XIX.

O equipo de goberno quere que esta exposición sirva non só de merecido homenaxe e recoñecemento a Matías López, senón tamén para que as novas xeracións de sarriaos e sarriás saiban quen foi e por que en Sarria hai unha rúa que leva o seu nome.

A inauguración terá lugar ás 19.00 horas no Paseo do Malecón e posteriormente, ás 20.30 horas a conferencia ‘Huellas de una vida’. Gregorio Sánchez Meco presentado por Xaime Félix López Arias, no Hotel Alfonso IX.