Skip to main content
Sarria

Numerosas iniciativas culturais enchen Sarria esta semana

Por 20 Xullo, 2022Xullo 22nd, 2022Sin comentarios

O Concello de Sarria fai desfrutar a tódolos seus nativos e visitantes da mellor música, danza ou fotografía da man de numerosos artistas invitados.

Son moitos os actos convocados nos próximos meses de xullo e agosto. Sen ir máis lexos, esta mesma semana no municipio poderá gozarse o mércores día 20 da IV edición de ‘Danza en el Camino’ na praza da Vila ás 21.30 horas, o xoves 21 haberá a inauguración da exposición ‘Matías López, un sarriao no século XIX’ e posteriormente terá lugar unha conferencia no Paseo do Malecón ás 19.30 horas e o venres 22 de xullo o público deleitarase co acto inaugural de ‘Ultreia et Suseia’, un monólogo de Goyo Jiménez que terá lugar no auditorio Meigas e Trasgos ás 21.30 horas. Ás 23.30 horas terá lugar tamén na praza da Vila o concerto inaugural do festival ‘Folk no Camiño Fest’.