Skip to main content
Sarria

Sound Sisters, o grupo de rock de orixe sarriá conta con novo tema

Por 23 Xullo, 2022Xullo 24th, 2022Sin comentarios

O grupo de Sarria ‘Sound Sisters’ que se fraguou tralo confinamento pola covid-19, ten xa numerosos temas propios e actuacións programadas en distintos festivais este verán.

O seu novo sinxelo, que xa pode escoitarse en distintas plataformas coma Youtube ou Spotify, chámase ‘Wild life’. É o segundo tema que graban en gala da escolla da liberdade usando o leitmotiv da viaxe como algo literal no vídeo e algo simbólico en forma de viaxe como a vida mesma.

‘Sound Sisters’ está formado por Nerea Iglesias (voz), Olalla Losada (piano y voz), Tomás Solano (guitarra), Brandan Corredoira (batería) e Morris Moreno (bajo). Todos eles forman parte da asociación sarriá Rúa da Música e decidiron xuntarse para facer música no que nun principio resultou ser ‘sen máis perspectivas’.

‘Foi por unha necesidade de volver a xuntarnos e facer música despois duns meses nos que esa actividade se vira perdida’, comenta Olalla Losada. Pouco despois tiveron o seu primeiro concerto, en Sarria, e posteriormente no mes de outubro formaron parte do cartel do San Froilán de Lugo.

‘Sound Sisters’ é unha banda de rock aínda que os seus compoñentes veñen de diferentes estilos musicais, dende o heavy metal ata o punk ou a música tradicional. A banda ofrece versións de Jimi Hendrix ou Janis Joplin, entre outros aristas.

ACTUACIÓNS

‘Sound Sisters’ estará o vindeiro 29 de xullo no bar ‘la Isla’, en Sarria, o 12 de agosto no festival Feito a Man en Santiago de Compostela, o 20 de agosto en Láncara e o 1 de outubro no Festival Garitosis en Sarria.