Skip to main content
Sarria

O concerto ‘Invidiabile fortuna’, esta noite na igrexa de Santa Mariña de Sarria

Por 24 Xullo, 2022Xullo 26th, 2022Sin comentarios
O Concello de Sarria recupera a tradición do concerto do 24 de xullo, día de Santa Cristina, celebrando un concerto na igrexa de Santa Mariña do municipio esta tarde ás 20:00 horas.
O concerto “Invidiabile fortuna” ofrecerá obras de Corelli e Vivaldi, dous dos compositores máis representativos do barroco italiano.
Estará interpretado por Ars Combinatoria formado nesta ocasión por Elsa Ferrer (violín), Santiago Lowe (violoncelo), Jon Wasserman (tiorba/guitarra barroca) e Canco López (clave e dirección).