Skip to main content
Sarria

Viaxa á Bretaña francesa co Festival Intercéltico de Lorient

Por 26 Xullo, 2022Xullo 27th, 2022Sin comentarios

Participa neste intercambio e non perdas unha experiencia na que poderás viaxar ata a Bretaña Francesa para desfrutar dunha edición máis do Festival Intercéltico de Lorient.

A maior concentración mundial das culturas celtas. Dende os seus inicios, fai xa máis de catro décadas, o Festival Intercéltico de Lorient promove o interceltismo: unha identificación común fundada na diversidade das culturas. Actualmente, converteuse nun dos máis importantes festivais no plano internacional e cada ano un país concernido pola cultura celta é invitado honorífico. Este ano é realmente especial xa que a nación invitada é Irlanda, coa importancia musical do seu acervo cultural, o que configurou un programa de primeira.

O Festival Intercéltico de Lorient naceu fai 44 anos, pola vontade dos seus fundadores de contribuír ao desenvolvemento da música e da cultura bretonas e tamén, para abrirse ás nacións de implantación celta das Illas británicas (Escocia, País de Gales, Cornualles, Illa de Man, Irlanda) e do norte de España (Galicia e Asturias).

ITINERARIO

3 Agosto – Madrid-Barcelona/París

4 Agosto – Vannes

5 Agosto – Quiberon

6 Agosto – Carnac y Locmariaquer

7 Agosto – Pont Aven-Concarneu-Lorient

8 Agosto – Port Louis-Lorient

9 Agosto – Malestroit-Cochefort En Terre

10 Agosto – Vuelo Paris-Madrid/Barcelona

Para calquer consulta ou dúbida acerca da viaxe, pode consultarse a páxina de facebook de ‘irmandadejumelage’ ou chamar ao teléfono 669 623 993.