Skip to main content
Cultura SARRIAXASarria

Entrevista: “Hai un mercado de vivenda de segunda man moi importante”

Por 30 Xullo, 2022Febreiro 13th, 2023Sin comentarios

Enrique Ventosinos Hombreiro, licenciado en ciencias da información e administrador de Inmobiliaria ‘Moreno’.

Cantos años leva a inmobiliaria funcionando en Sarria y como foron os inicios?

Inmobiliaria ‘Moreno’ está en actividade dende fai uns 40 anos, fomos a primeira inmobiliaria de Sarria e dende entón, ampliamos a actividade a comunidades e seguros. Os inicios foron, como supoño que serán en tódalas actividades que se emprenden, inicialmente sen apenas actividade xa que era moi raro a intervención dun profesional nunha operación de compra venta e o alquiler apenas existía.

Quen forma o equipo de traballo da inmobiliaria ‘Moreno’?

O equipo de traballo formámolo catro persoas nas que eu exerzo de xerente aportando a miña experiencia e as outras tres persoas (de menor idade), aportan o traballo, a xuventude, o ímpetu e os desexos de facer a súa tarefa con eficacia e responsabilidade.

Imaxino que terán pasado por épocas peores que outras… como lles afectou por exemplo a pandemia do coronavirus? Todavía se están recuperando?

Pasamos de todo como pasa en todas partes; crises económicas, épocas de bonanza, épocas de inestabilidade e incertidumbre, pero todo na vida é pasaxeiro. No referente á pandemia, sufrímola con resignación, con moito respecto pero sin temor. Somos conscientes de que na vida hai momentos e circunstancias mellores ou peores e que hai que superar. Todo pasa, nada é para sempre.

Como ven na actualidade o mercado inmobiliario? Hai datos esperanzadores?

O mercado inmobiliario actualmente pasa por unha época de transición na que as novas tecnoloxías axudan no traballo pero causan unha gran inquietude no noso sector e supoño que en todos os ámbitos da vida, xa que é necesario adaptarse rápidamente a toda unha avalancha de novas formas de traballo. En canto á venda de vivendas creo que efectivamente hai datos esperanzadores sempre e cando se controle a inflación xa que cos niveles actuáis é imposible que algún promotor poda facer os cáculos dos precios aos que pode vender unha obra nos seus inicios.

Agora hai un mercado de vivenda de segunda man moi importante e a venta ou construcción de obra nova está case paralizada pola gran incerteza actual, pero como dixen con anterioridade, estos son ciclos que pasan e cando terminan a actividade remonta con maior auxe.

Ao ter propiedades por tódolos municipios de Sarria, notaron que lles afecte o Camiño de Santiago de maneira positiva?

Notouse moito. O camino de Santiago está a ser fonte de riqueza para podos, poderíamos dicir que é unha “bendición celestial”. Por iso, é fundamental que defendamos o noso patrimonio, o noso camiño auténtico (o Camiño Francés) frente á innumerable aparición e promoción de outros caminos que xurden como reclamo turístico xa que non todos os camiños levan a Santiago coma o noso.

Cal é a porcentaxe de vendas ou alquileres a persoas estranxeiras? Aumenta nos meses de verán?

A persoas estranxeiras véndese moi pouco, pero é algo que antes non existía, agora comezamos a ter actividade nese sentido. No referente aos alquileres, o mercado é moi activo pero xestionado por empresas turísticas que teñen a súa actividade esencial en alquiler de pisos e apartamentos turísticos fundamentalmente nos meses de verán.

Os que nos dicamos ao alquiler permanente temos o eterno problema de sempre e agora máis agudizado e é a inseguridade xurídica á hora do alquiler xa que o propietario síntese indefenso cando as leis actuáis non lle dan ferramentas suficientes para defenderse.

A maneira de baixar os prezos é ter suficiente oferta e iso só se consegue dando unha seguridade aos que teñen vivendas para que as dediquen ao alquiler.

Que nos ofrece a súa inmobiliaria? Propiedades de obra nova, de segunda man? Que servicios ofrecen ao cliente?

Nós dispoñemos de propiedades de obra nova, de segunda man, venta e alquileres e humildemente ofrecemos experiencia de máis de corenta anos no mercado inmobiliario. Ofrecemos honradez e sensatez á hora de valorar e tramitar calquera operación inmobiliaria.

Cal é a súa recomendación agora mesmo? Aconsellaría comprar ou alquilar?

A compra é unha decisión importante na vida pero non fundamental, depende do momento de cada un (das finanzas, da capacidade de endeudamento…). Moitas veces é mellor alquilar que comprar aínda que non sempre.

A miña recomendación agora mesmo é que se tomen unhas vacacións, desfruten do verán e sen lugar a dúbida, agora é bo momento para adquirir unha vivenda a un precio asequible.