Skip to main content
Sarria

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria, súmase ao Sarria & Blues no Camiño

Por 30 Xullo, 2022Agosto 1st, 2022Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria, Aces-Ccu Sarria, súmase ao resto de entidades culturais e cidadás de Sarria que colaborarán no festival de músicas afroamericanas que se celebrará entre o 4 e o 7 de agosto na devandita localidade e que pretende unir o espírito do roteiro do blues coa tradición do Camiño de Santiago, que ten nesta vila unha das súas paradas máis importantes.

ACES colaborará cun bono para adquirir produtos nos negocios dos seus asociados e que formará parte do premio do concurso fotográfico do festival. Ademais, a asociación animará aos seus membros para que colaboren na visibilidade do Sarria & Blues non Camiño, decorando os seus escaparates con motivos bluseros e musicais, e o sábado día 6 sacarán os seus negocios á rúa para que o público visitante poida gozar da ampla oferta comercial sarriá, consolidando así o espírito aberto desta cita musical, que ademais de diversión e cultura, pretende contribuír a beneficiar a actividade económica local.