Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

A Carballeira de Parga acollerá a XXVII Feira da Cantería, Callos e Artesanía o domingo 17

Por 7 Xullo, 2022Xullo 17th, 2022Sin comentarios

A Charanga Os Trileiros, o Grupo de gaitas Municipal de Guitiriz e o Dúo Caramelo poñerán a nota musical a esta xornada.

O Concello de Guitiriz organiza o domingo 17 de xullo, xunto coa Comunidade de Montes Veciñais Santo Estevo de Parga, a edición número vintesete da Feira de Cantería, Callos e Artesanía, que terá lugar na Carballeira de Parga.

No día de hoxe tivo lugar a presentación do evento na Casa Habanera, no que participou a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, xunto con José Manuel ‘Porto’, presidente da Comunidade de Montes.

A rexedora quixo agradecer “o esforzo que fai a comunidade de Montes para organizar esta festa xunto co Concello” e invitou “a todas e todos a que se acheguen o domingo á Carballeira de Parga, se dean unha volta pola mostra de artesanía, degusten os callos, bailen e participen nos actos que se programaron”.

O presidente da Comunidade de Montes apuntou que “hai 15 canteiros confirmados” e explicou que “colocaremos sobre 17 pedras para que cada un vaia escollendo a súa a medida que vaia chegando e poida traballar durante toda a mañá”. “A ración de callos estará en 6 euros”, afirmou.

Programación

A xornada dará comezo ás 08:15h coa chegada dos canteiros e a elección de pedras. Ás 08:30h levarase a cabo o lanzamento de Bombas e apertura do XXIV Certame de Cantería, para posteriormente, ás 10:00h, realizar a apertura da mostra de artesanía.

Ás 11:30h terá lugar a actuación da Charanga Os Trileiros e ás 12:30h será a quenda para o Grupo de gaitas Municipal de Guitiriz.

Xa cara as 12:30h dará comezo a venda dos callos na Carballeira e ás 14:00h realizarase o peche do certame de Cantería.

Desde as 16:00h ata as 19:00h haberá inchables gratuítos para as crianzas.

Ás 17:30h revelarase o fallo do Xurado e realizarase a correspondente entrega de premios do certame de cantería.

Ás 18:00h terá lugar o peche da mostra de artesanía e a continuación haberá un gran fin de festa coa actuación do Dúo Caramelo.