Skip to main content
Axenda CaducadaXermade

As festas de Cabreiros contarán esta fin de semana cunha Feira de Artesanía

Por 5 Xullo, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

As localidade xermadesa de Cabreiros estará de festa esta fin de semana facendo coincidir na mesma data as celebracións patronais cunha Feira de Artesanía e de Produtos Alimenticios de de Proximidade.

A primeira edición desta festa foi xusto antes da pandemia e, coa recuperación da normalidade, esperan ter continuidade este ano, no que se presentarán arredor de 25 postos, dez máis que o ano pasado.

A feira abrirá as súas portas de 10.30 a 20.00 horas tanto sábado como domingo e combinarase coa programación das festas na honra a Santa Mariña. Estas xa arrancarán o venres 8 co primeira verbena, que estará ao cargo de Los Satélites.

O sábado haberá misa solemne ás 13.00 horas seguida da tradicional procesión e a sesión vermú coa orquestra Cocktail, que se ocupará pola noite da verbena xunto á Panorama.

O día 10, a sesión musical estará ao cargo da orquestra Tokio que se ocupará da sesión vermú despois das 13.00 horas e volverá actuar pola noite coa verbena que porá o punto final ás festas.