Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca TERRACHÁXA

O BNG denuncia que varios concellos quedan sen atención pediátrica durante o verán

Por 22 Xullo, 2022Sin comentarios

Os concellos afectados serían Meira, A Pastoriza, Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto e A Pontenova, xa que non se prevé substituír o especialista que presta este servizo nos centros de saúde de Meira e da Pastoriza.

O BNG denuncia que a Xunta de Galiza deixará un ano máis sen atención pediátrica aos concellos de Meira, A Pastoriza, Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto e A Pontenova durante o verán.

O Bloque fixo unha consulta a través do Servizo de Atención ao Usuario e a resposta constata que a Xunta de Galiza non prevé substituír o especialista que presta este servizo nos centros de saúde de Meira e da Pastoriza durante o seu periodo estival. Isto supón como única alternativa desprazarse até Vilalba ou ao HULA.

Desde a organización frontista destacan que esta situación repítese nos últimos veráns e tamén noutras ocasións ao longo do ano, xa que o Sergas non está a cubrir os descansos nin as baixas do persoal facultativo da atención pediátrica. Feito que tamén sucedeu durante os meses de maior incidencia da pandemia, na que os gromos nos colexios multiplicaron as necesidades de consultas.

Para o BNG, a situación nos centros de saúde de Meira e A Pastoriza demostra que a carencia de persoal na atención primaria, e especialmente en pediatría, é un problema estrutural que a Xunta de Galiza non ten intención de resolver.

Polo que o BNG desenvolverá iniciativas para reclamarlle á Xunta unha cobertura continuada e desde o primeiro día no que se produza a ausencia dun pediatra titular.