Skip to main content
Axenda CaducadaComarca TERRACHÁXA

Duarría, Pacios, Baltar e Insua están de festa esta fin de semana

Por 29 Xullo, 2022Xullo 31st, 2022Sin comentarios

Comeza unha nova fin de semana de verán e son varias as localidades da comarca que celebran as súas festas patronais. Ademais das patronais previstas, este domingo terá lugar a rapa das bestas en Carballo, Friol

A PASTORIZA

En Saldanxe as festas na honra a San Isidro e San Miguel serán oficialmente o sábado 6 de agosto pero este domingo terá lugar unha comida veciñal que estará precedida da sesión vermú, que estará a cargo de Verónica Cambón, a partir das 14.00 horas.

Xa o próximo sábado terá lugar a festa con misa solemne a partir das 13.00 horas, con procesión e sesión vermú a cargo do dúo Venus. Pola noite o dúo e Verónica Cambón amenizarán a verbena.

En Baltar tamén son festas, na honra a San Pedro Félix. O sábado dará inicio as celebracións co oficio relixioso ás 13.30 horas, seguido de procesión e sesión vermú con Acordes. Pola noite, de novo Venus e Acordes porán o punto musical. O domingo só haberá sesión vermú, con La Hora Bruja, desois da misa e procesión, ás 13.45 horas.

O 7 de agosto completarase a programación coa tradicional comida veciñal, con animación musical.

BEGONTE

Carballido de Pacios tamén está de festa na honra á Virxe da Ascensión a partir de esta noite, na que haberá unha liscada popular amenziada opilo grupo Jaque. O sábado, Fénix e Miramar serán os encargados da verbena, o primeiro tamén en sesión matinal despois da misa.

Repetirán esquema festivo o domingo pero con Los Españoles, en dobre sesión e La Hora Bruja, na vebena. Pola mañá haberá oficio relixioso.

CASTRO

Hoxe tamén teñen o seu inicio as festas de Duarría, que arrancará ás 22.00 horas cunha churrascada popular e a posterior verbena a cargo de Nueva Fuerza e DJ Expósito.

O sábado a sesión vermú estará ao cargo da orquestra Pontevedra, que repetirá na verbena xunto a La Dimensión e o domingo será a orquestra Stéreo a que fará dobrete deixando para a noite a actuación de DJ Casanova.

Nas dúas xornadas da fin de semana haberá misa e procesión ás 13.30 horas e a longo da noite haberá sorteos.

VILALBA

No concello de Vilalba as festas serán en Insua-Ponte de Saa, na honra a San Ramón. A celebración tamén comezará hoxe cunha liscada popular a partir das 10 da noite, antes da verbena que dirixirá o dúo Estrellas.

O sábdo haberá misa solemne ás 13.30 horas na Capela da. Ponte de Saa, seguida de procesión. O trío D’Nika encargarase da sesión vermú e tamén da verbena, nesta ocasión xunto a Estrellamar.

A organización lembra que haberá merendas.