Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

O CD As Pontes confirma 9 renovacións e 8 baixas para a próxima tempada

Por 18 Xullo, 2022Sin comentarios

O CD As Pontes remata estes días a programación do equipo de cara á próxima tempana,  no que o conxunto seguirá un ano máis na categoría Preferente, na que se manterá tras ter superado a segunda fase fóra dos postos de descenso.

A primeira aposta do club foi a continuidade de Iván Rodríguez como director deportivo e de Rafa Casanova como adestrador do primeiro equipo, quen contará con Rubén Rivas, con máis de vinte anos de traxectoria no clube, como segundo adestrador na vindeira tempada.

Logo da confirmación da continuidade de Rafa Casanova como técnico do primeiro equipo, chegan os primeiros movementos de cara á vindeira tempada. Xa hai 9 baixas, entre as que figuran Paco Fernández, porteiro, ficha pola UD Somozas; Alberto Rodríguez, defensa, que ficha polo Galicia de Mugardos; os centrocampistas Toni Rodríguez, Dani Bellas e Edgar López así como o defensa Iván Pérez irán ao Cedeira SD; Aitor Moreda, dianteiro, que se incorpora ao CD Foz e Diego Fraga “Lucky”, dianteiro, que é baixa por motivos laborais.

Por outra banda, o club decidiu a renovación de Kike, porteiro, quen desempeñará tamén as funcións de adestrador de porteiros no clube. Seguirán os defensas Sergio Criado, David Otero, Martín Traba e Dani Montes, así como os centrocampistas Marcos Vilela, Jaime Leira e Javi Fernández., Finalmente renova Brais Santalla na dianteira do equipo.

Aínda que o capítulo de fichaxes están sen rematar xa se coñecen algúns nomes como Eloy Díaz, dianteiro procedente do C.D. Boiro e Javi Martínez, defensa/centrocampista, procedente do Cultural Maniños.

A estas incorporacións únense Iago Seijo, dianteiro procedente do Cultural Maniños, e Iván Parapar, porteiro pontés procedente da SD Sarriana.