Skip to main content
As PontesAxenda CaducadaDeportes TERRACHÁXA

Xornadas de portas abertas para fútbol sala feminino nas Pontes

Por 19 Xullo, 2022Xullo 28th, 2022Sin comentarios

O Lago DVSport organiza unhas xornadas de portas abertas de futsal feminino co obxectivo de completar os seus equipos femininos de Liga Galega e seguir crecendo pasiño a pasiño, fomentando a igualdade no futsal nun club que valoriza a base e ten un trato familiar.

As xornadas de portas abertas gratuítas celebraranse os xoves 21 e 28 de xullo no pavillón de Monte Caxado en dúas franxas horarias por idade. De 19:00 a 20:00 horas será para nenas nadas entre 2011 e 2015 e de 20:00 a 21:00 para as que teñan entre 2007 e 2010.

As interesadas poden apuntarse a estas xornadas chamando ou enviando whatsap o número 679371472 e tamén enviando un correo a lagodvsport@gmail.com.