Skip to main content
Abadín

O centro de día de Abadín festexa o San Xoán e maniféstase contra o abuso na vellez

Por 4 Xullo, 2022Sin comentarios

Con motivo do día internacional da concienciación do abuso e maltrato na vellez no centro de día de Abadín realizouse un obradoiro reivindicando o papel das persoas maiores na sociedade. O obxectivo do mesmo era sensibilizar e reflexionar sobre o trato e como se dirixe a sociedade en xeral ás persoas maiores.

Apreveitaron que o día anterior visitaron o centro as alumnas do IES Lois Peña Novo de Vilalba e lles expliocaron a través dun relato todas estas reflexións xa que son profesionais que estarán en contacto con este colectivo e sobre todo pola importancia desta data, sabendo que esa persoa maior algún día seremos nós.

“En resumo, aquí non vimos a pasar o tempo, vimos a que nos axuden a mellorar ou manter todo aquilo que conservamos en base os nosos intereses e sobre todo a que nos traten como persoas, pode que vellas si, pero con moito que facer e dicir”, foi o que quixeron transmitir no centro.

Tamén o pasado xoves 23 de xuño, celebraron o San Xoán como cada ano. A noite de San Xoán ou Lume Novo é unha data moi significativa para todas as persoas usuarias. É unha das festas máis importantes. É de tradición acender cacharelas e facer xantares populares onde as sardiñas, os cachelos con pela e a broa de millo son as protagonistas.

Moitos ritos de carácter máxico ou supersticioso asócianse a esta tradición e por iso espanaron os males recitando o conxuro, saltaron a fogueira e puxeron o ramo de herbas de San Xoán na porta do centro coa finalidade de protexerse das meigas. Tamén lavaron a cara con auga de rosas e desfrutramos cun menú e merenda especial.

Ademais durante a mañá desfrutaron da exposición das alfombras florais realizadas durante esa semana e tiveron unha actuación musical a cargo dos amigos de Cospeito na cal non pararon de bailar cancións tradicionais galegas.