Skip to main content
Axenda CaducadaBegonteDeportes TERRACHÁXA

O Concello de Begonte FS celebra esta fin de semana un maratón de fútbol sala

Por 6 Xullo, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

O Concello de Begonte FS organiza un maratón de fútbol sala esta fin de semana, dando comezo na tarde do venres no pavillón de Baamonde.

O prazo de inscrición remata hoxe, 6 de outubro, e o sorteo de equipos realizarase no pavillón o xoves 7, ás 21.00 horas.

A que é a VI edición desta cita establece unha única categoría masculina con premio económico para os catro primeiros. Haberá trofeo tamén para o mellor xogador e o mellor porteiro.

O montante dos premios estará en función do recadado na inscrición que foi de 150 euros por equipo.

Ademais, o venres á tarde terá lugar tamén un campionato de tute a partir das 17.00 horas para o que tamén está aberto o prazo de inscrición. Unha vez que remate este comezará a competición futbolística.