Skip to main content
Axenda CaducadaBegonte

Begonte presenta a X edición do festival 27373

Por 29 Xullo, 2022Agosto 13th, 2022Sin comentarios

Regresa con toda a súa forza ao Club Fluvial de Begonte o Festival 27373, que xa ten preparada a súa programación para a que xa é a décima edición que se celebra neste concello chairego, que este ano será o 13 de agosto. O Festival está dividido en dúas partes. Polo día, a programación vai dirixida aos máis pequenos e ás familias.

Organizado por Castiñeiro Milenario, celebrarase como sempre no Club Fluvial comezando a sesión a partires das 14.00 horas coa sesión vermú cun grupo de música tradicional, na que os asistentes poderán gozar, en exclusiva, das dúas cervexas oficiais do Festival 27373. Ámbas as dúas cervexas son unha colaboración entre Castiñeiro Milenario e cervexa artesá Aloumiña de Lugo

Xa pola tarde ás 17.00 horas será o Aberto de billarda coa colaboración da Asociación O Varal. Unha hora máis tarde tamén está previsto un campionato de cimbrón, de serradores da Terra Chá.

O Festival 27373 caracterízase por ser o único festival do Concello de Begonte, un dos poucos festivais cunha programación íntegra en galego, que apoia a grupos emerxentes e que nos últimos anos conta, polo menos, cun grupo integrado maioritariamente por mulleres. Unha aposta pola língua e pola visibilización da muller nos escenarios.

A música dará comezo ás 18.00 horas coa participación de catro artistas.

Así, abrirá o apartado musical Lidia Botana, que estivo na primeira edición cos marabillosos Labregos do Tempo dos Sputniks, repetiu nun concertazo cos míticos Zenzar rock en galego e este ano traerá un novo espectáculo dirixido ao público familiar e infantil.

Baixo o nome de Os contos de Alí, a proposta une narración oral, cancións e ilustracións amosadas a través dun kamishibai e pretende contribuír á difusión de recursos lúdicos e educativos en galego. Sempre contan cun plano literal, dirixido á rapazada, e cun plano metafórico que pretende promover a reflexión das nais e pais sobre a súa responsabilidade na transmisión interxeracional do idioma. É por iso que o destinatario é o público familiar.

O segundo en actuar será AC Maghúa Galiza, seis músicos que desde A Coruña van encher o torreiro de música tradicional. Tamén destaca no programa o grupo Flow do Toxo, rapeiras, feministas e combativas que proceden do Condado.

Pecha a programación Os Vacalouras, de Teis, catro mozos cunha enerxía incrible, un directo potentísimo e que fan do mellor punkrock do país.

O cartel foi de novo ideado polo deseñador gráfico de Begonte Marcos Vigo.