Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

O CD Castro organiza o I Torneo Fútbol 7

Por 1 Xullo, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

O CD Castro ultima os preparativos e a inscrición para a celebración a fin de semana do 8 ao 10 de xullo do I Torneo Fútbol 7, que terá lugar nas instalacións do Anexo Arturo Pereiro.

O torneo, aberto a todos os equipos, terá un máximo de 24 e cada un terá como límite 12 xogadores por participante.

A organización contará con servizo de bar, no que se ofrecerán bebidas e bocadillos ou churras, empanadas e criollos por 10 euros.

No torneo, que ten un prezo de inscrición de 150 euros por equipo, haberá premio para os catro primeiros clasificados, que recibirán unha compensación económica que variará en función do número de inscritos. Ademais haberá un recoñecemento para o mellor porteiro, o mellor xogador e o mellor goleador, así como unha retribución para o mellor equipo do concello non clasificado entre os 4 primeiros.

Os interesados en participar poden preguntar pro Dumi no 627 903 692.