Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Amigos da Feira continúa co cine na rúa a Castro de Rei con ‘Cuñados’

Por 8 Xullo, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

A Asociación Amigos da Feira de Castro de Rei continúa co seu programa de Cine na Rúa cunha nova proxección. Este sábado, 9 de xullo, ás 22.30 horas, no campo da feira (no Teleclub se chove) proxectarase Cuñados, un dos filmes máis vistos nos cines galegos durante o 2021 e que tamén foi nomeada a 16 premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.

Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a pata nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen lle atope a solución ao problema secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e os deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un peso polo seu cuñado. Mais é o propio Modesto quen urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar.

As proxeccións na rúa continuarán o sábado 23 de xullo, Live is Life.