Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O Castro de Viladonga organiza un campamento orientado á igualdade

Por 10 Xullo, 2022Sin comentarios

O Castro de Viladonga organiza este verán un campamento para nenos de 6 a 12 anos destinado a favorecer a conciliación das familias desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes. Denomínase campamento castrexo, é totalmente gratuíto.

O prazo de inscrición é dende o 4 ao 15 de xullo e hai tres quendas, do 18 ao 29 de xullo, do 1 ao 12 de agosto e do 15 ao 26 de agosto.

O horario será de mañás, de 9.30 a 14.00 horas, e realizaranse actividades moi interesantes e divertidas ao tempo que culturais para coñecemento do pasado como coñecemento do museo e do xacemento, obradoiros de natureza e ocio, visitas culturais, xogos, contso e lendas, etc.

Por outra banda, o Concello de Castro está a realizar este mes un campamento urbano de conciliación con grupos en Castro de Rei e en Castro Ribeiras de Lea. Hai dúas quendas, do 1 ao 15 e do 18 ao 31 en horario de mañá para nenos de 3 a 14 anos. O prazo de inscrición xa rematou.