Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Castro Ribeiras de Lea e Castro de Rei preparan as festas

Por 11 Xullo, 2022Sin comentarios

Castro Ribeiras de Lea prepara xa as súas festas patronais que volverán á normalidade tras dous anos sen festexos trala incidencia da covid.

Como sempre, estas terán lugar a primeira fin de semana de agosto, que nesta ocasión corresponden aos días 5, 6, 7, e 8.

Novamente a localidade contará con algunhas das orquestras máis destacadas do panorama musical. Abrirá o venres coa actuación de Furia Joven, de Canarias e DJ David Expósito de Radio Líder.

O sábado será a vez das orquestras Miramar e Trébol deixando para o domingo a actuación de Panorama xunto á orquestra Stereo Music-Show.

Pechará a programación musical Alabama Show e Combo Dominicano o luns.

A estas sumaranse outras actividades que a comisión irá desgranando ao longo do mes, como o pregón, que estará ao cargo do periodista Xoán Carlos Vidal, o domingo ás 14.30 horas, despois da misa e a procesión.

CASTRO DE REI

Tamén está lista a programación das festas de Castro de Rei, na honra de San Xoán, que terán lugar a partir do 15.

A programación comezará o venres cunha chrurrascada popular amenizada polo dúo Os Adrianos, que arrancará ás 22.30 horas.

O sábado destará a actuación de M3 en dobre sesión á que se sumará á noite de novo Os Adrianos. O domingo haberá tamén dobre cita musical coa orquestra Galaxia nas dúas ocasións.

Tanto sábado como domingo haberá misa solemne seguida de procesión ás 13.30 horas.