Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Recomendan non consumir auga da traída en catro parroquias de Castro

Por 23 Xullo, 2022Sin comentarios

O alcalde de Castrop de Rei, Francisco Balado, vén de facer público un bando no que recomenda á poboación non consumir auga da traída en en catro parroquias debido a un verquido de purín.

As parroquias afectadas son as de Ramil, Azúmara, Balmonte e San Martiño de Goberno.

Segundo explica, o verquido tivo lugar nas inmediacións da captación de auga que abastece ás citadas parroquias.

A recomendación de evitar o consumo esténdese aos próximos cinco días, mentres se limpa o proceso.