Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Arranca en Castro de Rei o primeiro Certame de Teatro Afeccionado

Por 29 Xullo, 2022Sin comentarios

En conmemoración do 50 aniversario da creación do grupo teatral Os Baluros celébrase en Castro de Rei o primeiro Certame de Teatro Afeccionado que arranca mañá. As representacións terán lugar os sábados ás 20:30 no centro cultural Xosé Manuel Carballo.

O certame dará comenzo o sábado 30 de xullo ás 20:00 cunha presentación a cargo de Xudio Xiz para continuar ás 20:30 coa representación de A análise de sangue e Vivir dignamente no rural a cargo de grupo de teatro Abrente. As representacións continuarán o día 6 de agosto con Sainetes do grupo de teatro Quemaisten, o día 13 con O Randiña do grupo O Torques e o 20 de agosto con El crédito a cargo do grupo Remocicarte.

Para clausurar o certame o grupo Os Baluros representarán a obra O menciñeiro á forza o sábado 27 de agosto. En todas as representacións a entrada será libre ata completar o aforo.

O longo de todo o certame o centro cultural Xose Manuel Carballo contará tamén coa exposición de debuxo e fotografía Instantes dos autores Carmen Cabaneiro e Juanjo de la Comba. Toda a recadación da mesma destinarase a Asociación Asistencial Protectora de Animais de Foz.