Skip to main content
Cospeito

Cospeito: Ruta das lagoas

Por 4 Xullo, 2022Xullo 6th, 2022Sin comentarios

A tradición, a lenda e a natureza no seu estado máis puro conxúganse neste roteiro apto para todos os públicos.

Conta a lenda que baixo as augas da Lagoa de Cospeito hai un pobo chamado Valcárcel que foi anegado por mandato divino. Uns din que aínda se escoita o tanxer das campás da igrexa, outros aseguran ter visto os tellados das casas cando baixa o nivel do pantano.

Sexa como sexa, as protagonistas deste sendeiro son as lagoas que ocupan este territorio chan declarado Reserva da Biosfera Terras do Miño. A primeira que atopamos é a Lagoa de Cospeito na que o itinerario intérnase para contemplar a asombrosa vida que nela existe. Despois, na metade do percorrido, a Lagoa de Carballosa.

É un sendeiro lineal, preto do inicio rodearase a lagoa por un camiño creado para a observación ornitolóxica, camiñando sixilosamente, dende as torres de observación, poderemos ver e escoitar centos de aves acuáticas que utilizan a lagoa como refuxio.

Logo a senda penetra no bosque seguindo as antigas vereas que rodean a Feira do Monte. Tras cruzar a estrada internarémonos na auténtica Terra Chá onde as longas rectas, horizontes distantes e chans darannos a sensación de atoparnos nunha Galicia distinta.

Intercalando paisaxes agrícolas e forestais, pasarase pola Lagoa de Carballosa e ata o final avanzarase  facilmente por un terreo sen desniveis. Remata na igrexa de San Martiño de Lamas, alí poderemos ver un cruceiro con motivos da paixón labrados no fuste.

LAGOA DE COSPEITO. A lagoa de Cospeito conta con máis de 5 hectáreas de extensión e está considerada un dos humidais máis importantes de Galicia.

Precisamente as súas augas proceden do río Guisande, afluente do Miño. Tamén pertence á Rede Natura 2000, e ao LIC Parga-Ladra-Támoga o que dá fe do seu gran valor natural.

É un espazo de especial protección, onde se refuxian diversas especies de aves como  anátidas,  ardeidas,  coraciformes,  limícolas e rapaces. De aí, os diferentes paneis informativos que advirten que hai que manter silencio.

Para poder gozar das aves, conta con cinco observatorios ornitolóxicos, algún deles, non apto para persoas de mobilidade reducida.

En definitiva, trátase dun fantástico e sinxelo paseo, apto para realizar en bicicleta e con nenos, onde gozaremos de numerosas especies autóctonas como  carballos, amieiros, salgueiros, bidueiros, freixos… Unha escapada perfecta para os amantes da natureza.