Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Presentan en Friol o libro que recolle os premios de investigación

Por 13 Xullo, 2022Sin comentarios

O centro sociocultural de Friol acollerá o sábado 23 de xullo a presentación do libro Premios de investigación histórica, cultural e etnográfica, organizado pola asociacion Carballo Vivo e o Concello de Friol.

A presentación terá lugar ás 17.00 horas e intervirán na mesma representantes dos dous organismos convocantes así como dos coordinadores da obra.

Ademais, está invitado a participar Felipe Arias Vilas, ex director do Museo do Castro de Viladonga e actuará como moderador David Espiño.

Ás 19.00 horas terá lugar a actuación musical de Pandereteiras sen fronteiras.