Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Club Fluvial de Friol abriu as súas instalacións ao completo trala reforma

Por 16 Xullo, 2022Xullo 17th, 2022Sin comentarios

Aínda que as piscinas xa levaban unha semana abertas, onte o Club Fluvial de Friol abriu o resto das súas instalacións tras rematar a reforma integran da insfraestruturas que se realizaron durante o inverno cun investimento total de 970.000 euros. N

un principio o orzamento era de 700.000 euros pero ampliouse debido ás necesidades que foron xurdindo. Grazas a un convenio de colaboración, o 70% do orzamento foi sufragado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

O obxecto do proxecto era acometer unha serie de obras de edificación e urbanización na contorna do club fluvial, unha instalación pública e aberta a toda a veciñanza que levaba máis de 40 anos en funcionamento.

As obras en Friol consistiron na edificación practicamente de novo do edificio central ademais das dúas piscinas exteriores, unha de adultos e outra infantil. Tamén se executaron traballos de urbanización e a creación de espazos axardinados. As piscinas remataron con anterioridade xa que abriron xa as súas portas este verán, cuns días de retraso con relación a outros anos.

Por outra banda, a previsión é continuar coa urbanización de parte da contorna da praia fluvial, localizada nunha das marxes do río Narla coa renovación do paseo e a construción dunha ponte sobre o río.

Xa no mes de febreiro remataron tamén as obras de mellora da pista de tenis do club fluvial, grazas a un orzamento de 30.660 euros aportado pola Xunta de Galicia.