Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Impartirán cursos de natación este mes de agosto nas piscinas de Friol

Por 20 Xullo, 2022Sin comentarios

O Concello de Friol impartirá cursos de iniciación e perfeccionamento de natación nas novas piscinas municipais a partir de agosto.

Estes cursos, que estarán subvencionados impartiranse do 1 ao 31 do próximo mes e o número de prazas é limitado polo que é importante facer a reserva antes do 28 de xullo.

O horario dos cursos será de 12.00 a 14.00 horas de luns a vernes e o prezo será de 10 euros para socios e 15 para non socios.