Skip to main content
Friol TERRACHÁXA

O Concello de Friol inviste no acondicionamento do exterior do CIP Doutor López Suárez

Por 21 Xullo, 2022Xullo 22nd, 2022Sin comentarios

O Concello de Friol investirá 17.000€ en acondicionar as beirarrúas que rodean o edificio de infantil e primaria, e tamén na renovación das escaleiras que dan acceso ao comedor do centro escolar CPI Doutor López Suárez.

Actualmente, tanto as beirarrúas como as escaleiras mencionadas, estaban en moi mal estado de conservación, debido ao paso do tempo, ao uso continuado por parte de todas as persoas usuarias do centro, e tamén por culpa das inclemencias meteorolóxicas.

As actuacións que se van levar a cabo son a renovación de 480 m2 de beirarrúas, que conforman o total de metros que rodean os edificios de infantil e de primaria, e tamén as escaleiras exteriores que dan acceso ao comedor do centro escolar, ao que accede todos os días a inmensa maioría do alumnado, pois case todas as persoas que están escolarizadas en este centro fan uso de este servizo.

Tanto as beirarrúas como as escaleiras seguirán no mesmo lugar no que estiveron ata o de agora, pero faráselles unha renovación para que a seguridade dos usuarios se vexa incrementada cando se atopan no exterior das aulas, e tamén cando van acceder ao comedor.

Estas obras xa se comezaron fai uns días, e está previsto que quede todo rematado antes de que comece o novo curso escolar, no mes de setembro.

O Alcalde de Friol, Jose Ángel Santos, di que “debemos seguir na liña de axudar, na medida do posible, a que os centros públicos e os servizos dos que podemos desfrutar no noso pobo, sexan cada día un pouco mellor, e neste caso vimos moi necesario levar a cabo as actuacións que se están a realizar dentro do recinto escolar”, “despois da importante inversión que ven de facer a Consellería de Educación no noso C.P.I., renovando gran parte dos edificios existentes, tiñamos que facer tamén algo para que a parte da que nós somos responsables, lucise igual de ben e de segura, polo que decidimos renovar estas zonas que mencionades”, engade o rexedor.