Skip to main content
Axenda CaducadaFriolFriol TERRACHÁXA

Rocío Caamaño presenta o seu novo disco este sábado en Friol

Por 29 Xullo, 2022Xullo 30th, 2022Sin comentarios

O Concello de Friol continúa coa programación de verán este sabado, 30 de xullo, cun concerto gratuíto no parque Rosalía de Castro da localidade.

Trátase da actuación de Rocío Caamaño, que financia na súa totalidade a Xunta de Galicia.

O concerto en acústico dará comezo ás 2o.00 horas.

Rocío Caamaño vén de presentar o día 25 de xullo o seu primeiro discro Enbora, que en portugués significa punto de partida. A ceense abre a súa produción tralo seu paso por Operación Triunfo e tras decidir compoñer e cantar as súas propias cancións.

O de Friol será o primeiro concerto trala súa presentación e conti uará no mes de agosto por Monforte e La Rioja.